A Universidade de Santiago de Compostela conta con 23 facultades e dúas escolas técnicas superiores. Ademais ten adscritas tres escolas universitarias e dous centros de estudos especializados.
As facultades e escolas son os centros encargados do deseño, a planificación da docencia, a organización e a xestión dos estudos conducentes á obtención de títulos académicos oficiais de grao e máster. Corresponde ás facultades e escolas a elaboración dos plans de estudos das titulacións impartidas polos centros e a participación na elaboración daqueloutros compartidos por varias facultades e escolas.