
- Facultade de Ciencias da Comunicación
-
-
Avda de Castelao, s/n. Campus norte, 15782Santiago de Compostela
-
cc.comunicacion.decanato [at] usc.gal
-
A Facultade de Ciencias da Comunicación iniciou a súa andaina no curso 1991-92, primeiramente no edificio da praza de Mazarelos e, desde 1999, no novo edificio deseñado por Álvaro Siza Vieira no Campus Norte. A facultade acolle dous estudos de grao (Xornalismo e Comunicación Audiovisual), un de dobre grao e o Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia. Estes programas tamén inclúen prácticas presenciais en empresas do sector.