Ir o contido principal
Facultade de Filoloxía
Facultade de Filoloxía
  • Avda. de Castelao, s/n, 15782
    Santiago de Compostela
  • 881811750
    (Conserxaría)
    881811762
    (Decanato)
  • filoloxia.decanato [at] usc.gal

A Facultade de Filoloxía da USC ofrece o máis completo catálogo (5 graos e 5 mestrados) de estudos lingüísticos e literarios que se pode atopar na Galiza, adecuado ás esixencias dunha sociedade moderna e aberta para o mundo. O centro conta con profesorado cualificado e os espazos e recursos (biblioteca, aulas de informática, laboratorios de idiomas etc.) destinados a que as nosas tituladas e os nosos titulados adquiran competencias avanzadas nas linguas e un coñecemento profundo das súas literaturas e culturas, sexan quen de se desenvolveren en contextos multiculturais e multilingües e posúan as habilidades necesarias para aplicaren os seus coñecementos a distintas actividades profesionais (docencia, mediación comunicativa, planificación lingüística, edición, tradución etc.).

Grupos de investigación