Plataforma que ofrece á comunidade investigadora información das súas actividades e dos créditos e gastos das mesmas (está en proceso de transformación). Así mesmo é a ferramenta para propoñer diversas actuacións, tales como:
- Convocatorias de selección para e contratación de persoal para o desenvolvemento das actividades de I+D+i
- Solicitude de certificados de participación en actividades de I+D+i
- Actualización do catálogo de investigadores e grupos de investigación
- Rexistro de investigadoras/es visitantes
- Pagamentos ao equipo investigador das actividades contratadas (artigo 60 da LOSU)
- Pagamentos a colaboradores externos en actividades de I+D+i
É unha ferramenta común para todas as persoas que exercen o papel de dirección de unidades de gasto (non só do ámbito de I+D+i), que ofrece información sobre os créditos e gastos das partidas, e permite realizar determinados pedimentos electrónicos de xeito semiautomatizado. Está en proceso de transformación.
É unha ferramenta que ofrece ao/á IP información actualizada do estado das actividades para as cales é preciso a presentación de conta xustificativa aos organismos financiadores.
É unha ferramenta dirixida ás unidades de asuntos económicos. Ofrece información actualizada das cantidades que é preciso reter no sistema contable para asegurar o financiamento correcto dos contratos de persoal no ámbito da I+D+i.
Ferramenta que permite facer unha estimación dos custos dos contratos laborais en función das modalidades, categorías e retribucións aprobadas.
Ferramenta de xestión de axudas e convocatorias
O desenvolvemento das actividades de investigación do persoal contratado con cargo a actividades, proxectos de investigación e programas de recursos humanos precisan realizar ausencias temporais fóra da USC para realizar actividades vinculadas coas función que se desenvolvan.
Estas ausencias do posto de traballo derivadas de actividades de investigación deben, contar en todos os casos, cunha autorización previa da Vicerreitoría de Política Científica, e por este motivo establécese un procedemento para a súa xestión e comunicación aos distintos órganos.
Desde o ano 2021 a USC ten asinados Acordos Transformativos (AT) con diferentes editoriais académicas e científicas. Estes AT forman parte dos cambios na Ciencia Aberta para o desenvolvemento da investigación científica e supoñen un cambio no modelo de publicación e de acceso aos resultados da investigación.
Estes acordos inclúen, dentro do custo de subscrición para ter acceso aos contidos das revistas, o custo dos gastos de procesamento dos artigos (APC: Article Processing Charge).
Actualmente están vixentes AT coas seguintes editoriais: Cambridge University Press (CUP), Oxford University Press, Elsevier, Wiley, Springer e American Chemical Society (ACS). Os termos e condicións fixados nos acordos con cada un destes editores son diferentes segundo os casos e poden ser consultados na Guía de Acordos Transformativos que ofrece a BUSC. Tamén se pode ampliar información e consultar dúbidas no seguinte correo electrónico accesoaberto [at] grupos.nube.usc.gal (accesoaberto[at]grupos[dot]nube[dot]usc[dot]gal)
Documentación para estudos con persoas e estudos con animais de experimentación e estudos con organismos modificados xenéticamente non considerados animais de experimentación
Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS)
Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS)
Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS)