A recollida de datos mediante cuestionarios é unha práctica esencial en múltiples ámbitos como a investigación, a docencia, a xestión sanitaria e o traballo social. A calidade dos datos obtidos depende, en gran medida, dun bo deseño do cuestionario e da súa validación. Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos fundamentos teóricos e prácticos do deseño de cuestionarios, prestando especial atención á formulación das preguntas, á elección dos formatos e aos procesos de validación.
-
QUE É UN GOLD STANDARD?
-
INTRODUCIÓN A DISTINTOS TIPOS DE CUESTIONARIOS
-
FUNDAMENTOS DO DESEÑO DE CUESTIONARIOS
-
MÉTODOS CUALITATIVOS PARA XERAR PREGUNTAS DO CUESTIONARIO
-
ETAPAS DE VALIDACIÓN DO CUESTIONARIO
Narmeen Mallah Nasrallah. Dpto.de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina da USC.IPsiUS.IDIS
Bahi Takkouche. Dpto. de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina da USC.IPsiUS.IDIS
Carmela Martínez Vispo.Bahi. Dpto.de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía.USC.