Ir o contido principal

Plan de Formación e Innovación Docente

Decembro 2024

Curso intermedio en Ética e valores no ámbito público: marco normativo, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
Datas
10 ó 16 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito, Aula 13
Preinscrición
Pechada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Datas
10 ó 11 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac.Dereito, aula 16
Preinscrición
Pechada

Novembro 2024

Curso introdutorio sobre a función directiva para cargos académicos

Trátase dun curso de 12 horas, no que se introducirán os aspectos máis destacables de cinco temas básicos en organización, xestión e dirección de centros académicos da USC, mediante a exposición por parte de profesorado e profesionais expertos e o diálogo e o debate conxunto.
Datas
21 de novembro ó 5 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito: Aula Lete del Río (días 26 e 27 de novembro) e Aula 10 (días 3, 4 e 5 de decembro) e Campus Norte, Fac. de Económicas: Aula 20 (día 28 de novembro)
Preinscrición
Pechada

Obradoiro de xestión do multilingüismo nas aulas

Trátase dunha acción formativa para reflexionar acerca da importancia da diversidade lingüística e cultural, a cal necesita da preservación e potenciación da lingua galega. Consecuentemente, estudarase a situación da nosa lingua e analizaremos como contribuír á súa mellora no ámbito docente dende as diversas sensibilidades e con coñecemento do marco legal, así como a establecer unha conduta lingüística propia e mantela de xeito respectuoso e asertivo.
Datas
26 de novembro ò 2 de decembro
Lugar
Biblioteca Concepción Arenal, Aula 3
Preinscrición
Pechada

Introdución á metodoloxía COIL como ferramenta para a internacionalización do currículo

O curso constará dunha primeira sesión de 90 minutos de duración onde se explorarán os beneficios e oportunidades da internacionalización do currículo. Esta actividade formativa completarase, na mesma xornada, cun obradoiro de introdución á metodoloxía docente COIL (aprendizaxe colaborativa internacional en liña), de 3 horas de duración.
Datas
25 de novembro
Lugar
Facultade de Filoloxía, Salón de Graos e Aula B10
Preinscrición
Pechada

Competencias en información para a docencia e a investigación

As competencias en información son un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que nos van permitir resolver problemas relacionados coa xestión da información. O obxectivo deste curso é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia. Todo no contexto dun investigador da USC. Así, estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado. Ademais inclúe 2 sesión presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.
Datas
15 de novembro ó 16 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac.Dereito (Aula Seminario) para o alumnado que asista dende Santiago e Campus de Lugo (Fac. ADE, Sala Explorer, 2º andar) para o alumnado que asista dende Lugo)
Preinscrición
Pechada

A perspectiva de xénero na investigación

A perspectiva de xénero achega un enfoque crítico imprescindíbel na investigación e que, ademais, é motor da transformación social. Este curso ofrece ferramentas teóricas e prácticas para considerar este enfoque
Datas
4 de novembro ò 28 de novembro
Lugar
Facultade de Filosofía, Aula Seminario de Beauvoir
Preinscrición
Pechada

Outubro 2024

Como introducir os ODS na docencia universitaria

A situación de emerxencia ecosocial que enfrontamos urxe un sólido compromiso por parte das universidades. O curso aborda a inserción da sustentabilidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na docencia universitaria, a partir do desenvolvemento dunha proposta baseada nas materias que imparta o profesorado asistente.
Datas
31 de outubro ó 15 de novembro
Lugar
Campus Vida (Fac. C.C.Educación, Aula Frei Martín Sarmiento) e Teams
Preinscrición
Pechada

Curso práctico de comunicación de The Conversation para o persoal investigador da USC

Non sempre resulta doado para a comunidade investigadora dar o salto de escribir artigos científicos ou papers, nos que se expoñan os resultados da investigación de maneira metódica e técnica, a comunicar a ciencia ao público xeral. E con todo, é unha das mellores bazas coas que contamos para alcanzar a democratización do coñecemento. Dado que a USC conta co apoio e a colaboración de The Conversation, propoñemos realizar un curso intensivo dirixido ao persoal investigador e docente que lle proporcione os coñecementos e ferramentas prácticas necesarios para acceder á plataforma e comezar a publicar artigos divulgativos sobre as súas propias investigacións e comprobar o impacto que poden chegar a ter na sociedade.
Datas
25 de outubro
Lugar
Campus Vida. Facultade de Matemáticas, Aula Magna
Preinscrición
Pechada

Curso intermedio en Ética e valores no ámbito público: marco normativo, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
Datas
22 ó 28 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, Aula de Civil, 1º andar
Preinscrición
Pechada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Datas
22 ó 23 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, Aula 3
Preinscrición
Pechada

Como xestionar situacións de risco psicolóxico do alumnado nas aulas

Nos últimos anos a comunidade universitaria está a amosar unha crecente preocupación polo benestar psicolóxico do estudantado. Ademais da existencia na USC dun servizo de atención psicolóxica para atender os problemas que presentan os estudantes, con este curso tratarase de dotar de ferramentas para poder dar unha primeira resposta efectiva ante situacións de risco psicolóxico que se pode dar no contexto universitario e reducir a incerteza que con frecuencia aparece á hora de afrontar estas situacións
Datas
11 de outubro ò 8 de novembro
Lugar
Campus Vida, Facultade de Dereito, Aula de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

Setembro 2024

Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos

O Design Thinking (DT) é unha metodoloxía iterativa para o desenvolvemento de proxectos en base a tarefas de empatía, definición, xeración de ideas, prototipado e experimentación. Esta metodoloxía foi desenvolvida en Standford e ten sido aplicada por numerosas empresas de éxito en todo tipo de sectores, dende o márketing á enxeñaría: Apple, Virgin, Toyota, etc. Mediante a aplicación dunha aproximación centrada nas persoas e baseada na realización de probas iterativas con prototipos acádanse solucións innovadoras e conectadas coas necesidades reais do usuariado. Con este curso preténdese que os participantes comprendan os fundamentos do DT, dominen as fases metodolóxicas para guiar o desenvolvemento de proxectos do alumnado e coñezan os instrumentos de soporte para a implantación de DT (técnicas de ideación, observación, prototipado rápido, entrevista, escoita activa, etc.).
Datas
24 de setembro ó 29 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac.Psicoloxía, Aula 4
Preinscrición
Pechada

Propiedade intelectual e persoal docente universitario

Este curso tratará de ofrecer unha visión dos problemas, retos e solucións sobre a propiedade intelectual na Universidade e resolver as dúbidas que nesta materia se podan plantexar polos asistentes.
Datas
23 ó 26 de setembro
Lugar
Campus Vida, Fac.de Dereito, Aula 12
Preinscrición
Pechada

Xuño 2024

Deseño e produción de obxectos en realidade aumentada para a formación

A Realidade Aumentada combina, en tempo real, o mundo real no que nos desenvolvemos no día a día con elementos 3D xerados por ordenador. Isto pode resultar útil en diferentes escenarios, sendo un dos máis destacados o da formación. Neste curso farase un percorrido polo proceso de creación de contidos en realidade aumentada para a formación dende a súa ideación ata a distribución do produto final pasando pola obtención ou xeración de modelos 3D. Para iso, presentaranse os conceptos teóricos necesarios e exploraranse diferentes alternativas en cada unha das fases do proceso de produción. Para a realización deste curso non é preciso ter coñecementos previos de carácter técnico.
Datas
27 de xuño ó 5 de xullo
Lugar
Campus Norte, Fac. de Ciencias da Comunicación, aula Nacho Mirás)
Preinscrición
Pechada

Conversas en inglés (nivel avanzado)

Sesións de conversación de 40 minutos dirixidas por un/ha profesor/a, orientadas á práctica da expresión e a interacción oral sobre temas variados e con varias persoas interlocutoras.
Datas
26 de xuño ó 31 de xullo
Lugar
Campus Vida, Fac. de Bioloxía, seminario 2)
Preinscrición
Pechada

Sistemas de xestión de aprendizaxe con Intelixencia Artificial Xenerativa

O curso sobre Sistemas de Xestión de Aprendizaxe con Intelixencia Artificial Xenerativa capacita a profesionais da educación superior no deseño e xestión de contornas virtuais de aprendizaxe innovadoras. Ao longo dos tres módulos, os participantes exploran os fundamentos da IA aplicada aos LMS, analizan o papel crucial da IA xenerativa e profundan na aplicación desta tecnoloxía en Moodle. Ademais, aprenden a deseñar contornas virtuais de aprendizaxe con estratexias didácticas de Gamificación, utilizando a metodoloxía 4PADAFE. Ao finalizar o curso, os participantes estarán preparados para deseñar e xestionar contornas virtuais de aprendizaxe que promovan a calidade educativa e a inclusión, aproveitando ao máximo as capacidades da Intelixencia Artificial Xenerativa.
Datas
17 ó 26 de xuño
Lugar
Campus Norte, Fac. de CC Económicas, aula de informática 1)
Preinscrición
Pechada

Obradoiro básico para a planificación da formación virtual

Obradoiro básico orientado á mellora da calidade da docencia virtual que inclúe unha revisión práctica do proceso de ensino-aprendizaxe: deseño, guía, metodoloxía, contidos, recursos e avaliación.
Datas
17 ó 26 de xuño
Lugar
Campus Vida (Fac. Psicoloxía, aula 8) e en liña (Teams)
Preinscrición
Pechada

Redacción de proxectos de cooperación e/ou innovación Erasmus + para PDI e PI

Seguindo unha metodoloxía participativa, ofrecerase aos participantes unha visión completa e detallada de cales son as distintas fases e compoñentes a ter en conta na elaboración de propostas de proxectos de cooperación e de innovación Erasmus+ e as claves para desenvolver cada una delas. Ao longo do curso, analizaranse as oportunidades de colaboración en proxectos do Programa Erasmus+ 2021-2027, traballarase cos formularios específicos das convocatorias proporcionando unha comprensión detallada dos mesmos e practicaranse con casos reais.
Datas
13 ó 25 de xuño
Lugar
Edificio CACTUS, Sala de Videoconferencia (2º andar)
Preinscrición
Pechada

Introdución á ApS na Universidade

O curso presentará a metodoloxía aprendizaxe-servizo no marco da educación superior. Deste xeito, nun primeiro módulo os/as asistentes poderán coñecer as potencialidades que ten a ApS e diferenciala doutras iniciativas pedagóxicas. Nun segundo momento, deberase deseñar un proxecto. Para isto, irase guiando as/aos participantes na súa construción vinculando as áreas de coñecemento de cadaquén e procurando a súa viabilidade.
Datas
12 ó 21 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac. de C. Educación, aula 3 do módulo A
Preinscrición
Pechada

Maio 2024

Introdución da perspectiva LGBTI e Queer en docencia e investigación

O curso proporciona unha panorámica introdutoria aos principais debates e aspectos prácticos dás epistemoloxías feministas e queer. A través dás tres unidades propostas, achegase un conxunto de ferramentas prácticas que facilitan a inclusión e avaliación dá perspectiva LGBTI e Queer na docencia e a na investigación.
Datas
31 de maio ò 18 de xuño
Lugar
Fac. de Filosofía, Aula 2
Preinscrición
Pechada

Como xestionar situacións de risco psicolóxico do alumnado nas aulas

Nos últimos anos a comunidade universitaria está a amosar unha crecente preocupación polo benestar psicolóxico do estudantado. Ademais da existencia na USC dun servizo de atención psicolóxica para atender os problemas que presentan os estudantes, con este curso tratarase de dotar de ferramentas para poder dar unha primeira resposta efectiva ante situacións de risco psicolóxico que se pode dar no contexto universitario e reducir a incerteza que con frecuencia aparece á hora de afrontar estas situacións
Datas
30 de maio ò 27 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac.de Dereito, Aula de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

Intelixencia artificial e ensino-aprendixaxe na educación superior

Esta actividade formativa presenta unha visión integral de como a intelixencia artificial (especialmente a xenerativa) podería facilitar os procesos de transformación dixital da Educación Superior. Ofrécese un acercamento ao uso educativo desta tecnoloxía emerxente como recurso didáctico de apoio ao desenvolvemento de metodoloxías didácticas activas que promoven novos procesos no ensino e na aprendizaxe.
Datas
22 ó 31 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac. de C.C. Educación, aula 4 do módulo A
Preinscrición
Pechada

Técnicas de investigación: Introdución ás meta-análises estatísticas para a área de ciencias da saúde

Unha meta-análise é un conxunto de técnicas estatísticas que permiten sintetizar resultados de diferentes estudos sobre o efecto dunha variable independente nun certo resultado final. Ante o aumento exponencial da información dispoñible tanto no eido dos factores de risco, na análise de tratamentos farmacolóxicos, probas diagnósticas e factores pronósticos, dispor de técnicas estatísticas que nos permitan combinar, de ser posible, os resultados de diferentes estudos é necesario. Porén, a pesares das súas grandes vantaxes, é necesario coñecer as metodoloxías detrás dunha meta-análise para valorar a súa validez de cara a lograr os obxectivos formulados.
Datas
20 de maio ó 14 de xuño
Lugar
Fac. de Medicina, aula de prácticas de Medicina Preventiva
Preinscrición
Pechada

Estratexias e ferramentas para a implementación do Plan de Igualdade

A aplicación da trasversalidade de xénero representa sempre un desafío. A realidade diaria móstranos como os cambios lexislativos e as políticas públicas adoptadas atopan resistencias para transformar os avances en realidades. Parte desas resistencias descansan no descoñecemento das ferramentas acaídas para a incorporación da perspectiva de xénero. Este curso está dirixido a PAS Y PDI da universidade que desenvolven cargos de xestión. O obxectivo xeral é poder fornecelos/as coas ferramentas necesarias para a incorporación da perspectiva de xénero no seu traballo diario.
Datas
6 ó 22 de maio
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, aula de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

Abril 2024

Protección de datos e investigación

A través deste curso preténdese dar ao alumnado unha visión xeral de normativa vixente referente á protección de datos, a súa aplicación práctica na investigación, e a específica situación na USC. Basearémonos no Regulamento UE 2016/679 e na LO 3/2018.. Analizaranse diversos casos reais e cotiás, tentando aportar solucións ás situacións problemáticas e axudar ao profesorado da USC na súa investigación, para evitar vulneracións da normativa e posibles sancións. Tamén se verán o papel das universidades neste eido e as específicas actuacións da USC no mesmo.
Datas
17 ó 30 de abril
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito, Aula de Economía
Preinscrición
Pechada

Mergullámonos en Minerva

Curso presencial para promover o uso dos servizos de asesoramento á investigación da Biblioteca entre o PDI, especialmente os relacionados co autoarquivo no repositorio institucional Minerva. O obradoiro permitirá coñecer as ferramentas e funcionalidades para o autoarquivo de datos e publicacións en Minerva.
Datas
Data: 16 de abril
Lugar
Campus Vida, Biblioteca Concepción Arenal, Sala Luisa Cuesta
Preinscrición
Pechada

Xestión das nosas vidas. Conciliación na USC

Con esta formación preténdese dotar de ferramentas que permitan mellorar todos os aspectos da vida relacionados coa conciliación laboral e familiar, manexo do estrés e mellora do clima laboral.
Datas
15 de abril ó 3 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, Seminario de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

Introdución á Intelixencia Artificial Xenerativa e chatGPT

O curso consta dunha primeira parte onde se explicarán os fundamentos usados na construción de sistemas conversacionais de IA, o modo en que se entrenan estos sistemas e os servizos que aportan aos seus usuarios/as. Seguidamente, traballarase cunha serie de exemplos prácticos de uso para observar o potencial destas ferramentas, dando soporte a unha gran variedade de tarefas
Datas
12 de abril ó 3 de maio
Lugar
Campus Norte, Fac. CC Comunicación, Aula de informática 3
Preinscrición
Pechada

Introdución á Estatística con R

Segundo o ranking da IEEE, R vense de converter no 2023 na décima linguaxe de programación máis importante no mundo. A filosofía de contribucións a través de paquetes achegados por investigadoras/es, utilizando código aberto, fan de R unha das ferramentas máis potentes para a análise estatística de datos. Neste curso pretendemos que os/as asistentes adquiran unhas nocións básicas do seu manexo, sendo quen de realizar análises estatísticas descritivas e inferenciais sinxelas.
Datas
10 de abril ó 14 de maio
Lugar
Campus Vida, Fac. de Matemáticas, Aula de Informática 3
Preinscrición
Pechada

Boas prácticas en Ciencia Aberta

Curso presencial para dar a coñecer as implicacións das políticas europea e estatal de Ciencia Aberta na carreira do persoal investigador da USC e os recursos e servizos que a USC pon ao dispor do persoal docente e investigador para dar cumprimento aos mandatos legais de depósito en aberto.
Datas
Data: 9 de abril
Lugar
Campus Vida, Fac. de Políticas, Salón de Graos
Preinscrición
Pechada

Marzo 2024

Obradoiro de elaboración de vídeos didácticos e de divulgación

Este obradoiro de videocreación consiste nunha introdución práctica ao mundo audiovisual a través de diversas dinámicas e exercicios, mediante os cales traballaremos as diferentes fases da creación audiovisual, co fin de que as persoas participantes poidan aprender a xerar o seu propio contido.
Datas
19 de marzo ó 7 de maio
Lugar
Campus Vida, Fac. de Psicoloxía, Laboratorio docente de psicoloxía do desenvolvemento
Preinscrición
Pechada

Comprensión e manexo da ferramenta anti-plaxio Turnitin

Curso de formación na ferramenta de detección de Plaxio, Turnitin. O Obxectivo do curso é coñecer as utilidades e funcionalidades do programa antiplaxio Turnitin, así como as súas implicacións prácticas, creación de contas, clases, exercicios e o proceso de subida e revisión de documentos
Datas
18 de marzo
Lugar
Campus Vida, Biblioteca Concepción Arenal, Aula Luisa Cuesta

Analítica da Aprendizaxe para o Profesorado Universitario

Cando os estudantes están nas aulas o profesorado pode saber como se está a desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe. A interacción cos estudantes a través de preguntas e respostas, as miradas, os silencios, os murmurios ou as cabezas agachadas proporcionan moita información e moi relevante para facer unha bo labor docente. E cando os estudantes están e traballan en liña, que sabemos deles?, que sabemos do que están a facer? A analítica da aprendizaxe é a ferramenta que nos pode axudar a percibir o que pasa e facer unha mellor labor docente neste escenario. Este curso pretende proporcionar ao profesorado información e habilidades sobre como se pode desenvolver a súa docencia ao longo de todo o ciclo da analítica da aprendizaxe. Trataranse os métodos básicos, incluíndo a alfabetización en datos usando follas de cálculo e os estándares de ética e privacidade. O obxectivo é que os profesorado adquira competencias que poida aplicar no seu día a día, principalmente en contextos de educación superior desenvolvida total ou parcialmente en contornas dixitais.
Datas
6 de marzo ó 17 de abril
Lugar
Campus Vida, Fac. de Psicoloxía, Laboratorio docente de psicoloxía do desenvolvemento
Preinscrición
Pechada

Febreiro 2024

Introdución ao podcasting de divulgación

Nos últimos lustros, o formato podcast vén protagonizando un auxe moi notorio, dentro do que xoga un papel fundamental o carácter accesible dos coñecementos e recursos técnicos precisos para o traballo co audio. Este curso pretende achegar a comunidade universitaria a estas habilidades e ferramentas coa intención de capacitalos para elaborar contidos sonoros que axuden á transferencia de resultados de investigación ou a divulgación de materiais docentes, patrimonio institucional, etc.
Datas
26 de febreiro ó 8 de abril
Lugar
Campus Norte, Fac. de Ciencias da Comunicación, Sala de Doutoramento (26 e 28 de febreiro), Estudio de Radio 2 (4 e 6 de marzo) e Aula de Informática 3 (11 de marzo)
Preinscrición
Pechada

Xaneiro 2024

A igualdade de xénero na USC: diagnose e ferramentas

A pesar das accións levadas a cabo nos últimos anos, a desigualdade de xénero persiste no ámbito científico e académico. Como noutros ámbitos, para acabar con estas desigualdades, puxéronse en marcha políticas públicas de igualdade que teñen acadado niveis de desenvolvemento diverso. Este curso ten como obxectivo analizar a situación das mulleres na USC así como as políticas de igualdade implementadas pola institución nos últimos anos
Datas
22 , 23 e 24 de xaneiro
Lugar
Campus Vida (Facultade de Políticas, Seminario 0.1)
Preinscrición
Pechada

Decembro 2023

Aprendizaxe colaborativa na universidade

Nos últimos anos, as universidades están consolidando novas metodoloxías docentes que poñen ao estudantado no centro do proceso o que fomenta o seu compromiso coa aprendizaxe. Unha desas metodoloxías é a aprendizaxe colaborativa que, sendo xa un método óptimo para lograr aprendizaxes significativas e profundas, vese potenciada polo uso de diferentes ferramentas tecnolóxicas.
Datas
11 ó 21 de decembro
Lugar
Campus Vida (Fac. Psicoloxía, laboratorio docente de desenvolvemento e intervención psicoeducativa) e en liña (Teams)
Preinscrición
Pechada

Novembro 2023

Iniciación á intelixencia artificial

A Intelixencia Artificial (IA) parece algo de antonte, pero trátase dun campo científico e tecnolóxico con máis de seis de seis décadas de vida. O seu impacto social e económico é xa enorme e crece cada día. Está presente en moitos máis sitios dos que pensamos, pero non en todos nos que se di. Como xa non é posible nin vivir nin traballar sin Intelixencia Artificial, mellor saber que é, que podemos esperar dela e como podemos evitar, ou cando menos reducir, os seus riscos. Esta acción formativa será comprensible para calquera persoa, e realizarase mediante unha exposición polo docente, seguida dun tempo para preguntas e diálogo.
Datas
Data: 24 de novembro
Lugar
Campus Vida, Fac. de Políticas, Salón de Actos
Preinscrición
Pechada

Curso introdutorio sobre a función directiva para cargos académicos

Trátase dun curso de 12 horas, no que se introducirán os aspectos máis destacables de cinco temas básicos en organización, xestión e dirección de centros académicos da USC, mediante a exposición por parte de profesorado e profesionais expertos e o diálogo e o debate conxunto.
Datas
21 ó 30 de novembro
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito: Aula Lete del Río (días 21 e 22 de novembro) e Aula 10 (días 28, 29 e 30 de novembro) e Campus Norte, Fac. de Económicas: Aula 20 (día 23 de novembro)
Preinscrición
Pechada

As rúbricas como instrumento de avaliación formativa na Educación Superior

As rúbricas son un instrumento para a innovación docente que permite implementar procesos de avaliación formativa na universidade que, ademais, propician a avaliación de competencias. Este instrumento promove a autorregulación da aprendizaxe e inflúe positivamente no estudante xa que este coñece o modo polo que vai a ser avaliado. Neste sentido, esta acción formativa posibilitará que os docentes se familiaricen con este instrumento e sexan capaces de construír unha rúbrica para a avaliación da súa materia.
Datas
20 ó 30 de novembro
Lugar
Campus Vida, Fac. Física, Aula 3 de informática
Preinscrición
Pechada

Como introducir os ODS na docencia universitaria

A situación de emerxencia ecosocial que enfrontamos urxe un sólido compromiso por parte das universidades. O curso aborda a inserción da sustentabilidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na docencia universitaria, a partir do desenvolvemento dunha proposta baseada nas materias que imparta o profesorado asistente.
Datas
7 ó 30 de novembro
Lugar
Campus Vida (Fac. C.C.Educación, Aula Frei Martín Sarmiento) e Teams
Preinscrición
Pechada

Outubro 2023

Como xestionar situacións de risco psicolóxico do alumnado nas aulas

Nos últimos anos a comunidade universitaria está a amosar unha crecente preocupación polo benestar psicolóxico do estudantado. Ademais da existencia na USC dun servizo de atención psicolóxica para atender os problemas que presentan os estudantes, con este curso tratarase de dotar de ferramentas para poder dar unha primeira resposta efectiva ante situacións de risco psicolóxico que se pode dar no contexto universitario e reducir a incerteza que con frecuencia aparece á hora de afrontar estas situacións
Datas
23 de outubro ao 10 de novembro
Lugar
Campus Vida, Facultade de Dereito, Aula de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

Setembro 2023

Obradoiro básico para a planificación da formación virtual

Obradoiro básico orientado á mellora da calidade da docencia virtual que inclúe unha revisión práctica do proceso de ensino-aprendizaxe: deseño, guía, metodoloxía, contidos, recursos e avaliación.
Datas
14 ao 25 de setembro
Lugar
Campus Vida (Fac. Psicoloxía, aula 8F) e en liña (Teams)
Preinscrición
Pechada

Xuño 2023

Edición de vídeos para a Educación Superior

A elaboración de vídeos como material didáctico está a converterse nun proceso amplamente utilizado na Educación Superior. Con esta actividade formativa o profesorado universitario poderá adquirir as competencias necesarias para editar, de forma autónoma, vídeos que poderán incorporar como recursos nas súas materias.
Datas
20 de xuño ao 4 de xullo
Lugar
Campus Vida, Fac.Psicoloxía, aula de informática do Laboratorio Docente de Procesos de Datos
Preinscrición
Pechada

Maio 2023

A Metodoloxía do Enfoque de Marco Lóxico_EML_aplicada aos proxectos de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento presentados polas Universidades Galegas

Este curso de 24 horas de formación tratará sobre a Formulación de Proxectos de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento segundo o Enfoque de Marco Lóxico transversalizando a análise das debilidades detectadas en formulacións de anteriores convocatorias así como propostas de mellora e contribución aos ODS.
Datas
25 de maio ao 15 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac.Dereito, Aula de Informática
Preinscrición
Pechada

Semana galega da cooperación universitaria para o desenvolvemento

Estas xornadas, de 24 horas de formación tratarán de consolidar a cultura de cooperación e coordinación na RGCUD a través de espazos e dinámicas estables de diálogo, planificación e coordinación e a posta en valor das capacidades e talentos específicos de cada Universidade.
Datas
9 ao 11 de maio
Lugar
Campus de Santiago (Fac. C.C.Políticas, Salón de Graos) e en liña (a través da plataforma CampusRemoto da UVigo
Preinscrición
Pechada

Abril 2023

Xestión das nosas vidas. Conciliación na USC

Con esta formación preténdese dotar de ferramentas que permitan mellorar todos os aspectos da vida relacionados coa conciliación laboral e familiar, manexo do estrés e mellora do clima laboral.
Datas
13 de abril ao 25 de maio
Lugar
Campus Vida, Biblioteca Concepción Arenal, aula formación 2
Preinscrición
Pechada