Ir o contido principal

Deseño e produción de obxectos en realidade aumentada para a formación

  • 2023/2024

A Realidade Aumentada combina, en tempo real, o mundo real no que nos desenvolvemos no día a día con elementos 3D xerados por ordenador. Isto pode resultar útil en diferentes escenarios, sendo un dos máis destacados o da formación. Neste curso farase un percorrido polo proceso de creación de contidos en realidade aumentada para a formación dende a súa ideación ata a distribución do produto final pasando pola obtención ou xeración de modelos 3D. Para iso, presentaranse os conceptos teóricos necesarios e exploraranse diferentes alternativas en cada unha das fases do proceso de produción. Para a realización deste curso non é preciso ter coñecementos previos de carácter técnico.