O curso constará dunha primeira sesión de 90 minutos de duración onde se explorarán os beneficios e oportunidades da internacionalización do currículo. Esta actividade formativa completarase, na mesma xornada, cun obradoiro de introdución á metodoloxía docente COIL (aprendizaxe colaborativa internacional en liña), de 3 horas de duración.
-
INTERNACIONALIZACIÓN DO CURRÍCULO: ACTORES INVOLUCRADOS (ENFOQUE MULTI STAKEHOLDER).
-
IDENTIFICACIÓN DE OPORTUNIDADES DE INTERNACIONALIZACIÓN DO CURRÍCULO.
-
INTRODUCIÓN A COIL COMO FERRAMENTA PARA A INTERNACIONALIZACIÓN CURRICULAR.
-
INTRODUCIÓN Á APRENDIZAXE INTERCULTURAL EN COIL.
-
COMPOÑENTES E SECUENCIAS DO PROXECTO COIL.
-
TECNOLOXÍA E PEDAGOXÍA PARA COIL.
-
ASOCIATIVIDADE E INTERDISCIPLINARIEDADE.
-
DESEÑO COIL: DOS RESULTADOS DE APRENDIZAXE Á REFLEXIÓN.
Eva Haug. Profesora titular de Competencias Interculturais e asesora experta en internacionalización do currículo e metodoloxía COIL na Amsterdam University of Applied Sciences.