Ir o contido principal

Protección de datos e a docencia universitaria: entre a nova normativa e as esixencias prácticas

  • 2024/2025

A través deste curso preténdese dar ao alumnado unha visión xeral de normativa vixente referente á protección de datos, a súa aplicación práctica na docencia universitaria, e a específica situación na USC. Basearémonos no Regulamento UE 2016/679 e na LO 3/2018. Analizaranse diversos casos reais e cotiás, tentando aportar solucións ás situacións problemáticas e axudar ao profesorado da USC a súa xestión ordinaria dos datos persoais que manexan, tanto seus como do seu alumnado e persoal colaborador. Tamén se verán o papel das universidades neste eido e as específicas actuacións da USC no mesmo.