Os contidos interactivos facilitan a apropiación do coñecemento dentro do proceso de ensinanza-aprendizaxe, permitindo integrar diferentes formatos (audio, vídeo, texto, imaxe, animación...) que se adecúan aos estilos e ritmos de aprendizaxe dos estudantes, á vez que aumenta a súa atención durante o proceso xerando un rol activo do estudante á hora de explorar os elementos da aula virtual. Neste curso ofrecerase unha introdución ao funcionamento de H5P dentro do Campus Virtual e revisaranse exemplos para ilustrar as posibilidades que ofrece. Detallarase o funcionamento específico para determinados tipos de contidos interactivos (como vídeos interactivos, presentacións, xogos, tours virtuais, liñas de tempo, etc) que servirán de base para explorar o resto de formatos dispoñibles.
-
Introdución a H5P: posibilidades e exemplos.
-
O Banco de Contidos do Campus Virtual.
-
O proceso de creación de contidos interactivos.
-
Integración de contidos interactivos na aula virtual.
Alejandro Nieto