Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
-
LEXITIMIDADE INSTITUCIONAL, MALA PRAXE E CONSECUENCIAS LEGAIS E REPUTACIONAIS.
-
CONFLITOS ÉTICOS, CONFLITOS DE INTERESE, INCOMPATIBILIDADES, FRAUDE E CORRUPCIÓN.
-
INSTRUMENTOS PARA A PREVENCIÓN: SISTEMAS DE CONTROL INTERNO E CANLES DE DENUNCIA.
Diana Santiago Iglesias.Dpto. Dereito Común. USC
Bran Barral Buceta. Dpto. Ciencia Política e Socioloxía.USC