Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://www.casadatroia.es/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

  • 2024/2025

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.

  • Localización
    Campus de Lugo, Fac.Veterinaria, Sala de Xuntas
    Datas
    28 ó 29 de outubro
    Horario
    12:30h-14:30h (28 e 29 de outubro)
    Duración
    Horas presenciais: 4
    Total: 4
    Preinscrición na actividade
    25/09/2024 - 09/10/2024
    Profesor/a
    Diana Santiago Iglesias
    Profesor/a
    Bran Barral Buceta
    Número total de prazas
    25
    Matrícula
    Límite de prazas con preinscrición
    Matrícula
    Código
    DPP.24X-05
    1. LEXITIMIDADE INSTITUCIONAL, MALA PRAXE E CONSECUENCIAS LEGAIS E REPUTACIONAIS.

    2. CONFLITOS ÉTICOS, CONFLITOS DE INTERESE, INCOMPATIBILIDADES, FRAUDE E CORRUPCIÓN.

    3. INSTRUMENTOS PARA A PREVENCIÓN: SISTEMAS DE CONTROL INTERNO E CANLES DE DENUNCIA.

  • Diana Santiago Iglesias.Dpto. Dereito Común. USC

    Bran Barral Buceta. Dpto. Ciencia Política e Socioloxía.USC