Curso interdisciplinar de formación de profesorado para a elaboración e edición de unidades didácticas para a docencia universitaria. Trátase de promover o uso e a actualización de recursos técnicos e metodolóxicos para a elaboración de materiais docentes de calidade. Para iso ponse á disposición do profesorado as ferramentas específicas para a execución do propio traballo e ofrécese asesoramento personalizado tanto do punto de vista lingüístico coma didáctico. Impartiranse contidos de didáctica, editoriais, lingua e lexislación, de acordo cun modelo de unidade didáctica na primeira quenda de sesións telepresenciais. A seguir, cada asistente elaborará unha unidade didáctica dalgunha das materias que imparta, no marco dun proxecto docente, co apoio do profesorado do curso, mediante titorías virtuais individuais e en grupo. Ao final realizarase unha posta en común de todas as unidades nas sesións presenciais do mes de xuño.
-
CONTIDOS PEDAGÓXICOS
- Selección de contidos da unidade didáctica
- Elaboración de esquemas e resumos
- Incorporación de imaxes e táboas
- Referencias bibliográficas e informáticas
- Coordinación con outros temarios e programas
- Actualización de contidos
- Fondos e bases documentais de unidades didácticas
-
CONTIDOS LINGÜÍSTICOS
- Redacción e sintaxe nos textos científicos
- Corrección ortográfica. Uso de correctores. Correctores personalizados
- Terminoloxía científica. Bases de datos terminolóxicas
-
CONTIDOS RELACIONADOS COA EDICIÓN
- Formatado e uso de modelos de texto
- Incorporación de imaxes
- Formato electrónico da unidade e coordinación cos web docentes
- Utilización de imaxes
- Utilización de textos
- Os materiais modificados
- Envío de materiais para edición
- Corrección de probas
- Deseño editorial da colección
-
CONTIDOS RELACIONADOS COA LEXISLACIÓN
- Lexislación sobre propiedade intelectual
Eva María Barreira Cerqueiras, profesora do Dpto. de Didáctica e Organización Escolar da USC
Juan Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións da USC.
Manuel Bermúdez Blanco, técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC
Ángel García Vidal, profesor do Dpto. de Dereito Mercantil da USC