Skip to main content

Latest news

Un estilo de vida para retrasar o envellecemento

O libro ‘Bases Científicas da Dieta Atlántica’, promovido e dirixido pola Fundación Dieta Atlántica da USC, recolle os piares conceptuais e científicos deste tipo de alimentación cuxos compostos inducen efectos beneficiosos para a saúde. A obra foi presentada este martes polo padroado da Fundación, nun acto que contou coa presenza do reitor Antonio López

Read more

Educación e formación fronte aos lumes forestais

A USC procura o compromiso e a capacitación de estudantes en temas relacionados cos incendios forestais a través do proxecto Facing Fire, unha iniciativa internacional coordinada polo catedrático Agustín Merino que impulsa enfoques integrais e proxectos innovadores para restaurar ou poñer en valor áreas afectadas polas lapas

Read more

Veterinaria premia o uso do galego entre o alumnado

Dous traballos académicos presentados por Óscar Iglesias e Bárbara Uceira e os TFG defendidos por María Coego e Laura Limés gañan a terceira edición dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’, dotados con máis de 500 euros

Read more

'Ciencia Singular'

A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC celebra a cuarta edición da xornada de divulgación científica que permitirá percorrer en liña CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE

Read more

Loisa Lariño Mora, premio Cátedra Aquae 2020

A estudante do Máster en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC acaba de ser recoñecida polo seu TFM ‘Deseño dun sistema fotovoltaico de bombeo e tratamento de auga como parte dunha acción de boa vontade’

Read more

Outorgados os premios do certame de fotografía ‘A ciencia en imaxe’

Co gallo da celebración da festividade de San Alberte Magno 2020, o certame outorgou 300 euros para a fotografía gañadora e 100 euros, para as fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar. Esta é unha iniciativa das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química xunto coa Real Academia Galega de Ciencias

Read more