Skip to main content

A profesora de Historia da Arte María Vázquez López ofrece este mércores un relatorio didáctico sobre pintura e mundos pintados

A charla, organizada pola Asociación IV Ciclo Universitario de Lugo, desenvolverase a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber. A entrada é libre e gratuíta

A licenciada en Xeografía e Historia e profesora de Historia da Arte na Escola de Arte e Superior de Deseño ‘Ramón Falcón’ de Lugo, María Vázquez López, ofrecerá este mércores, día 3 de abril, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, o relatorio ‘Guía para mundos pintados: que, como, onde e por que ver a pintura’.

María Vázquez aproveitará este relatorio, organizado pola Asociación IV Ciclo Universitario de Lugo, para explicar aos asistentes algunhas pautas para comprender que é unha pintura e cales son os elementos que a fan valorar. Este relatorio antóllase coma unha viaxe a través do que é a pintura a partir dos matices que a definen como arte e como técnica, intentando descubrir que todos os mundos pintados ao longo da historia teñen un valor intrínseco cheo de lugares marabillosos que descubrir. O relatorio que ofrecerá María Vázquez López é de entrada libre e gratuíta para todas as persoas que estean interesadas pola temática. O aforo é limitado.

The contents of this page were updated on 04.02.2014.