Skip to main content

O historiador Ricardo Robledo imparte unha nova sesión do ciclo sobre a memoria en Historia

O catedrático de Historia Económica da Universidade de Salamanca Ricardo Robledo Hernández pronunciará este xoves 10 en Xeografía e Historia a conferencia ‘Historia científica VS Historia de combate na II República. Viño novo en odres novos?’, nunha nova sesión do ciclo 'Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’. O encontro principiará ás 12.00 horas na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia. O labor investigador de Ricardo Robledo céntrase na preferentemente na análise do capitalismo agrario español, a evolución dos grandes patrimonios e o reformismo agrario. Entre sus libros destaca, Economistas y reformadores españoles: la cuestión agraria (1760-1935) (1993). Ademais foi editor ou coeditor de El pensamiento económico en la Escuela de Salamanca (1998); Historia de Salamanca. Siglo Diecinueve y Siglo Veinte (2001); Orígenes del liberalismo. Universidad, Política, Economía (2003); ou Sombras del progreso. Las huellas de la historia agraria (2011). Na actualidade, traballa nun ensaio sobre o revisionismo en España. O ciclo Especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento analizan na USC o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente no ciclo ‘Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’ que organiza o grupo de investigación Histagra da USC. Xermán Labrador, Anxo Loureiro, Palomar Aguilar e Jesús Izquierdo Martín completan o elenco de relatores que ata xuño deste ano achegarán novas perspectivas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento actual. Histagra

Un dos principais obxectivos de Histagra é o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España, e neste marco se desenvolverá o ciclo de conferencias dando así continuidade á experiencia acumulada polo grupo de nomesevoces.net que en 2007 organizou o I Encontro de Grupos de Investigación: Historia e Memoria e en 2010 o Congreso Internacional: Memoria da Guerra, reconciliación e cultura de paz.

The contents of this page were updated on 04.09.2014.