Skip to main content

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebra este mércores o seu patrón

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebra este mércores 9 de abril o seu patrón con diversos actos conmemorativos. A programación para ese día comezará ás 12.00 horas coa entrega do premio á calidade lingüística na modalidade de Fin de Grao para Helena Figueiras e a entrega aos premios extraordinarios da promoción 2012-2013 nas titulacións que se imparten neste centro tanto de grao, como posgrao e doutoramento. A cerimonia proseguirá coa entrega do premio do concurso de pintura CreArte na Universidade que correspondeu a Andrea Cerdeira pola súa obra Graffiti e no que Diana Rodríguez obtivo unha mención especial por De horizontes y memoria. A continuación terá lugar a entrega do galardón Fulget 2013 á empresa Grupo Puentes e os actos rematarán coa charla ‘Buscando o rigor a través do desenvolvemento profesional’ a cargo do exprofesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade desta facultade, conselleiro de presidencia do Grupo Televés, e administrador xeral da Catedral de Santiago de Compostela, Francisco Domínguez Martínez.

The contents of this page were updated on 04.08.2014.