Xornadas de portas abertas do Servizo de Publicacións no Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor
Coincidindo co Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, o Servizo de Publicacións da USC desenvolve este mércores 23 e o xoves 24 unhas xornadas de portas abertas co fin de dar a coñecer e dinamizar entre a comunidade universitaria en xeral a actividade editorial da Universidade compostelá e as modalidades de edición que, no actual escenario dixital, se poden desenvolver, sempre dentro do máximo respecto aos dereitos de autor. Nestes dous días calquera título do catálogo do SPIC pode ser adquirido polo persoal docente, investigador, de administración e servizos e estudantado cun desconto especial do 35%, en horario de 9 a 14.00 horas. Na actualidade, o fondo vivo do SPIC aproxímase aos mil títulos comercializados, aos hai que sumar, en termos de produción viva total, 1250 teses de doutoramento, 90 libros dixitais e máis de 5500 artigos de revistas en acceso aberto no repositorio Minerva.