Skip to main content

Entrega dos premios do concurso USC-Tesouro

Mañá 28 ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas

Este mércores 28 entréganse os premios do Concurso USC-TESOURO, un cuestionario de 100 preguntas relacionadas coas facultades, servizos, actividades, historia e outras particularidades da USC que os participantes contestaron a través de correo electrónico. A entrega terá lugar ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas e contará coa asistencia do Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, a decana da facultade, Victoria Otero e o profesor de Matemática Aplicada José Ángel Docobo, promotor do concurso. Resultaron gañadores do concurso no campus de Santiago, Aitana Iglesias Márquez, Lucía González Martínez e Alan Luaces Mesías e no campus de Lugo, Rocío Sampedro Guimarey e Belén Sampedro Guimarey.

The contents of this page were updated on 05.27.2014.