Skip to main content

USC e Deputación da Coruña colaboran na posta a punto do Xardín Botánico

Juan Casares e Diego Clavo asinaron o convenio que permitirá acondicionar a parcela do Xardín Botánico da USC
Juan Casares e Diego Clavo asinaron o convenio que permitirá acondicionar a parcela do Xardín Botánico da USC

O reitor Juan Casares e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron un convenio de colaboración para a realización de traballos de mellora e adecuación da parcela do Xardín Botánico da USC. A institución provincial achega o investimento necesario para realizar tarefas de limpeza da estrutura, incluíndo o ámbito máis próximo ao muíño de Os Peleteiros, así como a recuperación da infraestrutura hidráulica e o resto dos elementos que se atopan dentro da parcela do Xardín Botánico. A USC creou o Xardín Botánico como un servizo universitario de apoio á docencia e á investigación, situado no val do río Sarela, conta coa colaboración de varias entidades no seu financiamento. A súa finalidade é a de propiciar e fomentar a investigación, a docencia e a divulgación científica no eido da botánica, ademais de promover programas de fomento da conservación e educación ambiental entre a sociedade. O acordo de creación do Xardín Botánico recolle especificamente o seu carácter público e de divulgación con coleccións de plantas que inclúan información ordenada e que sexan visitables.

The contents of this page were updated on 05.30.2014.