Skip to main content

A USC amosa ás pemes nun taller como captar financiamento europeo

A Facultade de Dereito da USC acolle este martes 6 de maio o ‘Taller de financiamento europeo para pemes’ dirixido a emprendedores, universitarios, membros de pequenas e medianas empresas e público interesado en xeral. Durante a cita os asistentes coñecen o panorama europeo de axudas, así como as fontes de información ás que deben acudir no caso de estar interesados nalgunha convocatoria actual. A continuación o programa contempla unha mesa redonda sobre proxectos europeos e asesoramento de pemes, coa participación de diversas institucións que se dedican a esta cuestión e na que tamén se da conta de experiencias reais de pemes que participaron neste tipo de proxectos. Os participantes tamén aprenden a facer un esquema básico de elaboración de propostas para a presentación dun proxecto europeo, con aspectos máis técnicos das convocatorias e ao final do taller revísanse unha serie de casos prácticos para a elaboración dunha proposta de proxecto europeo. Esta iniciativa está organizada por IN&S Comunicación e Innovación sostenible e polo CEDE e CERGi da USC.

The contents of this page were updated on 05.06.2014.