Skip to main content

Presentación dun novo volume sobre dereito administrativo da colección ‘Termos esenciais’

O repertorio terminográfico Termos esenciais de Dereito Administrativo recolle 1.081 entradas deste campo en galego e os seus equivalentes en castelán e engade un novo volume á colección ‘Termos esenciais’. A obra presentarase este martes 13 ás 14.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito coa presenza da secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; da profesora Alba Nogueira; e do director do Servizo de Normalización Lingüística da USC (SNL), Manuel Núñez Singala. Este novo título reúne o traballo das/os docentes de Dereito Administrativo da USC Teresa Carballeira Rivera, Andrea Garrido Juncal, Alba Nogueira López , Fernando Adolfo de Abel Vilela, Luís Miguez Macho, e do técnico do SNL Xusto A. Rodríguez Río. Quinto volume da colección ‘Termos esenciais’, súmase aos xa editados especificamente ao ámbito do Dereito e que suporán un apoio para estudos/as e docentes de Dereito Constitucional, Penal, Internacional e Civil.

The contents of this page were updated on 05.12.2014.