Un total de vinte titulados e tituladas pola USC realizarán estadías predoutorais no estranxeiro coas bolsas da Fundación Barrié
A través das 42 bolsas de posgrao no estranxeiro 2014 convocadas pola Fundación Barrié, un total de vinte titulados/as pola USC continuarán os seus estudos de posgrao ou realizarán estadías de investigación predoutoral en centros académicos e investigadores de todo o mundo. Neste convocatoria priorizáronse os proxectos de maior impacto potencial para Galicia. Acadaron algunha das 30 bolsas predoutorais concedidas Marta Alonso Nocelo (licenciada en Bioloxía), Yago Bea Besada (Física), Helena Bermúdez Sabel (Filoloxía Románica), Carina Carbia Sinde (Psicoloxía Clínica), Jorge Casado Agrelo (Química), María Ángeles Cobelas Cartagena (Filoloxía Inglesa), Gabriel Dasilva Alonso (Química Analítica), Daniel del Río Franqueira (Xeografía), Álvaro Dosil Suárez (Física), Susana Fernández López (Ciencias Políticas e da Administración), Clara González Chomón (Farmacia), Úrsula Martínez Pradera (Psicoloxía Clínica), Inmaculada Orjales Galdo (Veterinaria), Diego Robledo Sánchez (Bioloxía), Nuria Rodríguez Vázquez (Química), Lorena Salgueiro Ferreño (Bioloxía), Marcos Sánchez Carricoba (Enxeñaría de Obras Públicas), Álvaro Silva Teira (Enxeñaría Química) e Tomás Teijeiro Campo (Enxeñaría Informática). Pola súa banda, das dez bolsas para a realización dun máster no estranxeiro, acadou unha Alexander Unruh Piñeiro, licenciado en Medicina, que cursará un Máster en Neurociencia en Alemaña.