Acto fin de estudos dunha nova promoción de Dereito e da do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
As facultades de Dereito e de Relacións Laborais despedirán este sábado 14 a dúas novas promocións. No primeiro caso, o reitor Juan Viaño presidirá a partir das 17.00 horas no Palacio de Congresos a mesa presidencia do acto de licenciatura dunha nova promoción da Facultade de Dereito. Esta promoción terá como padriños a Francisco Javier Framiñán Santas, Santiago Bernardo Brage Cendán, José A. Gómez Segade e a Ángel García Vidal, este dous últimos serán os cargados de abrir a quenda de palabras e a quen seguirá unha representación do alumnado que remata agora os seus estudos. Completando a sesión, tomarán a palabra o decano Luís Míguez Macho, e o reitor compostelán. Relacións Laborais Pola súa banda, a promoción 2010-2014 do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos celebrará a súa graduación nun acto que presidirá a secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro, no hotel Los Abetos a partir das 18.00 horas. Os estudantes Uxía Souto Alonso e Alejandro Villamor Jaspe representarán aos integrantes da promoción, dando paso na quenda de intervencións do acto de graduación aos padriños, o profesor Pedro María Rey Suárez e a Jesús Salgado Velo. O discurso da presidenta do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Susana Soneira Lema, precederá á entrega do premio Javier Marañón a Carmen Souto Villa. O premio lembra a figura do que fóra director deste centro compostelán co recoñecemento dun/ha alumno/a que acredite un comportamento humano e académico no que se reflictan os valores que exemplificou a persoa que dá nome ao galardón.
Posteriormente tomará a palabra o decano da Facultade de Relacións Laborais, Juan J. Ares Fernández e dará paso á entrega de diplomas conmemorativos da graduación.