Skip to main content

O II Campus de verán científico técnico Lugo reunirá 90 estudantes de ensino medio do 23 ao 27 de xuño

O programa, que nesta edición ofrece servizo de aloxamento, desenvolverase en quenda de mañá e tarde e conta coa colaboración de 80 profesores da USC

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, inaugurará este luns, día 23 de xuño, a partir das 9.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior, a segunda edición do Campus de verán científico-técnico Lugo.

Estea iniciativa, organizada e promovida polo profesorado da sede universitaria luguesa en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, pretende achegar a realidade universitaria, así como a oferta de estudos, servizos e liñas de investigación do campus de Lugo, aos 90 estudantes de ensino medio que formalizaron a súa inscrición neste programa, que se desenvolverá ata o 27 de xuño nos distintos centros universitarios do campus. A coordinadora do II Campus de Verán Científico Técnico Lugo, a profesora do Departamento de Química Física da USC na Facultade de Ciencias, Mercedes Novo; a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá do Concello de Lugo, Manuel Núñez López, tamén participarán no acto de apertura deste campus estival, ideado para atraer novos estudantes ao campus de Lugo e en cuxo desenvolvemento colaboran uns 80 docentes da USC.

The contents of this page were updated on 06.20.2014.