O profesor Jesús Izquierdo pecha a programación do ciclo de conferencias ‘Pasados incómodos: guerra, memoria, historia’
O ciclo de conferencias ‘Pasados incómodos: guerra, memoria, historia’ rematará este xoves 19 o seu periplo coa presenza do profesor da Universidade Autónoma de Madrid Jesús Izquierdo que presentará o relatorio ‘A presenza do ausente no posfranquismo: pacto denegativo e control institucional da memoria da guerra civil’. A sesión comezará ás 12.00 horas na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia. Entre os seus traballo Jesús Izquierdo é autor de El rostro de la comunidad(2001) ou La guerra que nos han contado(2006) xunto a Pablo Sánchez León. Ademais foi coeditor dunha obra colectiva que reflexiona sobra o saber histórico e a súa comunicación no século XXI, El fin de los historiadores (2008) e é co director do programa de radio Contratiempo de difusión non académica. O ciclo Especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento analizaron coas súas conferencias o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente no ciclo ‘Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’. Baltasar Garzón, Miguel Anxo Murado, Ricardo Robledo ou Xermán Labrador foron algúns dos conferenciantes convidados.
Histagra
Un dos principais obxectivos de Histagra é o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España, e neste marco se desenvolverá o ciclo de conferencias dando así continuidade á experiencia acumulada polo grupo de nomesevoces.net que en 2007 organizou o I Encontro de Grupos de Investigación: Historia e Memoria e en 2010 o Congreso Internacional: Memoria da Guerra, reconciliación e cultura de paz.