Skip to main content

O Consello Galego da Competencia e o Instituto Galego de Consumo inician na facultade de Dereito as charlas sobre protección do consumidor na UE

O Consello Galego da Competencia e o Instituto Galego de Consumo inician este luns 17 na Facultade de Dereito o programa do curso de Integración Europea e Dereito Privado que organizan o Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) e o Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC (CERGI). Esta primeira sesión, que abrirá a técnico de ambos centros Elena Pérez Carrillo ás 17.00 horas, estará dedicada á protección do consumidor na UE. As intervencións do xerente do Instituto Galego de Consumo, Jesus Chesa, e do secretario xeral do Consello Galego da Competencia, José Antonio Rodriguez Miguez, permitirá analizar a situación dos consumidores fronte ás clausulas contractuais abusivas, a competencia desleal, o crédito ao consumo, as hipotecas, e mesmo as participación preferentes. Este curso desenvolverase ata o 25 de marzo e conta entre outros relatores con expertos das tres universidades galegas así como da Universidade de Valladolid. O curso é unha actividade transversal dirixida principalmente a alumnos e alumnas de calquera titulación que teñan interese en afondar en cuestión financeiras prácticas para a vida cotiá. Aínda que o prazo de matrícula xa rematou, as persoas interesadas en asistir a algunha das sesión poden contactar no enderezo cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 03.17.2014.