Skip to main content

O campus de Lugo xerminou a creación de 40 empresas, das que 9 están catalogadas como Iniciativas de Base Tecnolóxica

Relatores participantes na apertura do foro de emprendemento universitario 'Emprende 2020' na Facultade de ADE
Relatores participantes na apertura do foro de emprendemento universitario 'Emprende 2020' na Facultade de ADE
O vicerreitor Pedro García Herradón abre o foro ‘Emprende 2020’ que congregou na Facultade de ADE estudantes, emprendedores, empresarios e representantes políticos

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento campus de Lugo da USC favorece e contribuíu de xeito decisivo a que xermimaran nesta sede universitaria e se constituíran máis de 40 empresas nos últimos anos, cunha media de 3 emprendedores por empresa, segundo afirmou este venres o vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, no acto de apertura do foro de emprendemento universitario ‘Emprende 2020’.

A maioría das emprendas resultantes deste traballo de emprendemento universitario están relacionadas coas titulacións impartidas no campus lucense e, máis en concreto, coas titulacións impartidas na Escola Politécnica Superior e coas súas áreas de potencial actividade, engadiu García Herradón. O vicerreitor do campus lugués salientou asemade que do total das empresas xurdidas no campus de Lugo, 9 foron catalogadas como Iniciativas de Empresa de Base Tecnolóxica (IEBTs) pola Xunta de Galicia, e dúas están en trámite desta catalogación. A súa actividade é diversa, xa que estas empresas xurdidas ao abeiro do campus lugués desenvolven cometidos e actividades actividades dentro do sector lácteo, veterinario, das novas tecnoloxías, no eido agroalimentario... Outra das cuestións destacadas por García Herradón na apertura deste foro atinxe a que unha das conquistas máis salientables do emprendemento universitario propiciado pola Universidade de Santiago no seu campus de Lugo é a boa integración destas novas empresas no tecido produtivo e empresarial da provincia, na que firmas como Gimena Ingenería, Pexego, AMSlab, Geneaqua, entre outras, son ademais de coñecidas, recoñecidas no segmento da súa actividade. Este foro de debate, organizado no marco do acto de presentación da iniciativa ‘Ruta ao 2020: o teu club de emprendedores’, promovida polo Grupo Diariocrítico, serviu asemade para a presentación do libro ‘¿Podo montar a miña propia empresa?, que recolle testemuños e experiencias de diferentes emprendedores de éxito. O xornalista Fernando Jáuregui foi moderou esta sesión no marco dun acto no que tamén participaron o alcalde de Lugo, José López Orozco; o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o presidente da Cámara lucense, Luis Abelleira; así como o director do xornal El Progreso, Lois Caeiro, e un representante do Banco Santander. Ao remate desta presentación, a Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo toi tamén escenario dunha táboa redonda sobre emprendemento universitario que se desenvolveu baixo o título ‘Universtiarios emprendedores: e ti por que non?’. A coordinadora do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo, Isabel Villamor; o técnico de xestión da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, Pablo Fontela; o director xente da empresa AMSlab, Manuel Lolo Aira; o delegado territorial da Escola de Organización Industrial en Galicia, Alfonso Martínez, e un técnico de Asociación de Xoves Empresarios, achegarán nesta sesión de debate as súas respectivas visións e tamén as súas experiencias respecto do emprendemento universitario. Asistentes ao foro 'Emprende 2020'

The contents of this page were updated on 03.07.2014.