Skip to main content

Remata o prazo para inscribirse nas visitas guiada ás instalacións enerxéticas de Campus Vida

As persoas interesadas deben apuntarse antes das 12.00 horas deste xoves 6

A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza, en colaboración coa Unidade de Enerxía e Sustentabilidade da USC, unha visita ás instalacións enerxéticas de Campus Vida co fin de conmemorar o Día Internacional da Eficiencia Enerxética. O fin desta visita guiada é que alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos coñezan as medidas que se aplican na USC para reducir o consumo de enerxía térmica ou eléctrica. O roteiro comprende a instalación fotovoltaica da fachada da Facultade de Física, o alumeado intelixente da residencia universitaria Monte da Condesa, a sala de caldeiras do Edificio Monte da Condesa, a planta de coxeración do Estadio de Atletismo, a torre de refrixeración da Facultade de Matemáticas, a sala de caldeiras na cuberta do CIBUS, a instalación xeotérmica do CITIUS, as instalacións fotovoltaica e solar térmica do CIQUS e o sombreado da fachada da Escola Técnica Superior de Enxeñería. A visita realizarase o venres 7 de marzo, iniciándose na Aula 5 Facultade de Física ás 12.00 horas, cunha duración prevista de dúas horas. Para participar é preciso enviar un correo electrónico á Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, ao enderezo plands [at] usc.es (plands[at]usc[dot]es), antes das 12.00 horas do xoves 6 de marzo, xa que existe límite de prazas.

The contents of this page were updated on 03.05.2014.