Skip to main content

O Golden Piano Trío interpreta no Paraninfo da Universidade pezas de Dvorak e Brahms

O Golden Piano Trío interpreta no Paraninfo da Universidade pezas de Dvorak e Brahms
O Golden Piano Trío interpreta no Paraninfo da Universidade pezas de Dvorak e Brahms

Valtie Nunn (violín), Dan James (cello) e Manuel López Jorge (piano) integran o Golden Piano Trío, formación que ofrecerá o luns 17 un concerto no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), a partir das 20.00 horas con entrada libre, para executar pezas de Dvorak e Brahms, así como a peza do propio Manuel López (Santiago, 1984) ‘Un afogado’ que se estrea en España. O trío gañou recoñecemento tras obter o primeiro premio no Concurso de Música de Cámara Cavatina en Londres, na súa edición de 2010. Tras este galardón, foi chamado como formación invitada ao festival Bravo Cello na Royal Academy of Music, onde recibe masterclasses do prestixioso cellista Guy Johnston. Os seus membros fundadores, Valtie Nunn e Manuel López, forman tamén un exitoso dúo co que obtiveron o primeiro premio no concurso Leonard Smith. Recentemente foron convidados a participar no proxecto ChamberStudio en Kings Place, Londres, onde reciben clases maxistrais de eminentes músicos de cámara como Susan Tomes ou Richard Ireland, entre outros. Na actualidade, o Golden Piano Trío ofrece concertos por Inglaterra e Escocia, onde recentemente actuaron no prestixioso St. Martin-in-the-Fields de Londres ante un aforo completo, ademais de ofrecer concertos en MacLaren Hall e Old Royal Naval College Chapel entre outros auditorios.

The contents of this page were updated on 03.13.2014.