Skip to main content

O libro Secretos de catedral presentarase este mércores no Paraninfo da Universidade

O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, acollerá este mércores 3 de decembro a presentación do libro Secretos de catedral, do que é autor o catedrático de Historia da Arte José Manuel García Iglesias. Na presentación, a partir das 19.30 horas, está prevista a intervención do reitor Juan Viaño; do alcade de Santiago, Agustín Hernández; do decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; de Henrique Alvarellos, coeditor da publicación; e do propio autor. Como o propio autor sinala no prólogo do volume, Secretos de catedral é, “como a basílica en si mesma, un exemplo de como se pode volver a mirada cara un tema para velo con ollos novos e ofrecelo ante nós en toda a súa rotundidade e evidencia. O texto inscríbese dentro da liña de traballo que, dende hai máis dunha década, vén realizando o grupo de investigación Iacobus.

The contents of this page were updated on 12.02.2014.