Skip to main content

Concentración en Veterinaria en protesta contra a proposta de apertura de cinco novas facultades en España

Docentes, estudantes e persoal que traballa na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo serán protagonistas este mércores, a partir das 12.00 horas, unha concentración na explanada do pavillón central do referido centro universitario lugués, en protesta contra a proposta de apertura de cinco novas facultades de Veterinaria en España.

O acto de protesta que se celebrará no campus de Lugo encádrase dentro da convocatoria de concentracións simultáneas convocadas a nivel nacional pola Organización Colexial Veterinaria Española, que, baixo o lema ‘Veterinaria digna’, resalta que a profesión veterinaria é fundamental para a saúde e manifesta o seu rexeitamento á apertura de novas facultades de Veterinaria ao entender que o exceso de centros universitarios de formación de veterinarios restará valor á profesión. O acto de protesta convocado este mércores, ás 12.00 horas, na entrada principal da Facultade de Veterinaria de Lugo, estará encabezado polos membros do equipo decanal do centro e está aberto tamén a participación de mascotas.

The contents of this page were updated on 12.16.2014.