Skip to main content

O pasado e o futuro do ensino, a análise nun curso de verán da USC do 1 ao 5 de xullo na Casa do Saber de Lugo

O pasado e o futuro do ensino, a análise nun curso de verán da USC do 1 ao 5 de xullo na Casa do Saber de Lugo
O pasado e o futuro do ensino, a análise nun curso de verán da USC do 1 ao 5 de xullo na Casa do Saber de Lugo
A matrícula neste programa da Universidade de Verán 2019 para o que se ofrecen 90 prazas, permanece aberta na web da USC ata o 21 de xuño

O ensino: de onde vimos cara onde camiñamos’ é o título do curso de verán da USC que se desenvolverá do 1 ao 5 de xullo na Casa do Saber de Lugo. O prazo de matrícula neste programa da Universidade de Verán da USC, dirixido por Óscar Díaz Queizán, profesor da área de Didáctica e Organización Escolar da USC e para o que se ofrecen un total de 90 prazas, permanece aberto en liña ata o 21 de xuño.

Os obxectivos deste foro estival estruturado en 25 horas lectivas pasan por afondar no coñecemento da evolución da escola galega e española nos últimos 100 anos. Favorecer un ambiente de debate e pensamento sobre os principais cambios da escola ao longo do tempo, e analizar a situación actual son outros dos retos deste programa, no marco do que os distintos relatores convidados tamén tratarán de discernir cales serán os grandes cambios que se producirán na escola nos próximos anos.

Estruturado en relatorios e mesas de debate, o curso ‘O ensino: de onde vimos cara onde camiñamos’ permitirá ao alumnado participante achegarse e incluso afondar en cuestións relacionadas coa cultura do ferrado, a educación ao aire libre e a pedagoxía da Institución Libre de Enseñanza, políticas educativas, disposición dos patios escolares, cometido dos libros na actualidade, movementos de renovación pedagóxica, a intervención educativa ou, entre outros, as novas perspectivas do sistema educativo.

The contents of this page were updated on 06.12.2019.