Skip to main content

Chega ás rúas de Compostela a V Semana de Danza Latina

Chega ás rúas de Compostela a V Semana de Danza Latina
Chega ás rúas de Compostela a V Semana de Danza Latina

Por quinto ano consecutivo, o Espazo de Danza da Universidade de Santiago celebra na rúa a Semana da Danza Latina, que terá lugar en Compostela estes días 11, 12 e 13 de xuño. Nesta ocasión participarán os grupos de bailes de internacional, intermedio e avanzado, ensinando traballos colectivos, individuais e de parella.

O certame comeza este martes 11 ás 19.30 horas na Praza de Praterías, continuará o mércores 12 na Praza do Toural e, por último o xoves na Praza de Cervantes, sempre á mesma hora.

O programa contempla unha clase aberta de pasos básicos e libres de chachachá, merengue, bachata e salsa para continuar cunha demostración das técnicas ‘Pa’ Fuera e ‘ Bailando A Ciegas’, pasos básicos e libres de conga e unha roda cubana tradicional con estudantes de iniciación e outra dobre cos de niveis iniciación e avanzado. Rematarán as sesión co baile social ‘Parada Latina’.

The contents of this page were updated on 06.10.2019.