Skip to main content

Comezan en Relacións Laborais unha serie de obradoiros arredor da realidade das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades

A Facultade de Relacións Laborais e a Mutua Universal iniciaron este mércores 30 un ciclo de talleres dirixidos a alumnado de grao deste centro para a formación en materia de mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. A primeiras das citas desenvolveuse co lema ‘As mutuas como entidades colaboradoras da Seguridade Social’, ao que lle seguirá o vindeiro 13 de febreiro outro sobre prestacións económicas das mutuas e un terceiro arredor da investigación de accidentes de traballo. As 50 prazas ofertadas para alumnado de 3º e 4º de Relacións Laborais e Recursos Humanos cubríronse na súa totalidade. Esta é unha acción formativa incluída nun convenio de colaboración asinado recentemente entre a USC e Mutua Universal e que contempla o desenvolvemento de iniciativas formativas complementaria aos plans de estudo que acheguen aos futuros profesionais a presentación de casos concretos para un mellor coñecemento da realidade profesional futura.

The contents of this page were updated on 01.30.2013.