Skip to main content

A Universidade de Verán analiza en perspectiva internacional as comunidades enerxeticamente autosuficientes

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2013

O curso ‘Enerxía, cambio climático e sustentabilidade: comunidades enerxeticamente autosuficientes’ tratará de valorizar un novo modelo de xestión global e sustentable de recursos como resposta ao cambio climático e á crise enerxética mundial. Para conseguir o seu obxectivo desenvolverá co programa deseñado o concepto de Comunidades Sustentables e Autosuficientes, estudando a súas vantaxes e inconvintes fronte a outras propostas actuais (Transition Towns, Smart Cities, Ecoaldeas e outras). Na Aula Magna da Facultade de Física, este curso celebrarase entre os días 15 e 20 de xullo baixo a dirección de Ángeles López Agüera, de xeito simultáneo en rede para diferentes sedes universitarios en universidades de Arxentina, Chile, Cuba, Ecuador, México e Perú. As persoas que se inscriban terá oportunidade de adquirir os coñecementos suficientes para valorar e cuantificar a situación enerxética mundial con especial fincapé nas desigualdades entre países; describir os efectos asociados ao cambio climático e as súas evidencias; desagregar as propostas actuais de resposta tanto á crise enerxética como ao cambio climático, no eido gubernamental, social, económico e asistencial; definir as posibilidades tecnolóxicas asociadas ás enerxías renovables que poden utilizarse para combater o cambio climático e a crise energética; e, finalmente, realizar cálculos sinxelos de avaliación de necesidades enerxéticas e hídricas así como de dimensionado de solucións tecnolóxicas sinxelas. Para a acadar máis información, está dispoñible a web do curso na páxina da Universidade de Verán (http://www.usc.es/cultura/uverano13cursos.htm).

The contents of this page were updated on 05.30.2013.