Skip to main content

O catedrático de Arqueoloxía da USC Fernando Acuña Castroviejo, novo membro da Real Academia Galega de Belas Artes

A Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario decidiu na súa última asemblea o nomeamento como académico de número do catedrático de Arqueoloxía da USC Fernando Acuña Castroviejo. “Con este nomeamento a Academia quere recoñecer o labor do doutor Acuña Castroviejo pola súa destacada traxectoria de investigador e notable especialista en arqueoloxía romana, dedicación que vén desenvolvendo desde hai moitos anos”, explicaron os responsables da institución. O profesor Acuña Castroviejo accede á institución xunto co deseñador Adolfo Domínguez; a directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Pena; e o arqueólogo portugués João Ribeiro Parente.

The contents of this page were updated on 01.07.2013.