Skip to main content

O libro Los rostros del federalismo de Roberto Blanco Valdés, elixida por El Cultural como a mellor obra de non ficción de 2012

A obra de Roberto Blanco resultou galardoada na categoría de non ficción
A obra de Roberto Blanco resultou galardoada na categoría de non ficción

O libro Los rostros del federalismo do catedrático da USC Roberto Blanco Valdés acaba de ser elixida por El Cultural como a mellor obra en lingua española na categoría de non ficción do pasado ano 2012. Como explica o docente da facultade de Dereito da USC, o libro responde a un dobre impulso cunha motivación única. A súa intención era “analizar dunha forma exhaustiva e transversal a natureza constitucional dos máis importantes sistemas federais existentes no mundo”. Doutra banda, o estudo presentado ao longo de 408 páxinas quere demostrar que “máis alá da pertenza de todos os Estados estudados a un xénero común, as disparidades existentes entre eles son moi notables”. Tomando como punto de partida a definición que Montesquieu fai do federalismo, unha sociedade de sociedades, o volume asinado por Roberto Blanco presenta a primeira obra en español deste xénero arredor dos sistemas paradigmáticos de Estados Unidos, Suíza, Australia, Canadá, Arxentina, México, Brasil, Rusia, Alemaña, Austria, Bélxica e España. Tras unha aproximación conceptual ao federalismo e examinar o seu nacemento e expansión, o autor aborda os elementos definitorios do estado federal, con particular atención á natureza das súas constitucións, organización dos poderes lexislativo, executivo e xudicial, distribución de competencias e evolución desta forma política. Para pechar o conxunto, inclúese un epílogo onde, da manda da contraposición entre federalismo e nacionalismo, se analizan algunhas das peculiaridades do caso español.

The contents of this page were updated on 01.08.2013.