Skip to main content

O reitor da USC inaugura a mostra ‘Antonio Casares, investigador e reitor da modernidade’ na Deputación de Lugo

A exposición, que afonda na figura e na pegada científica do pai da Química moderna galega, estará aberta ao público ata o 15 de marzo no Pazo de San Marcos

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, inaugura esta tarde, a partir das 20.00 horas, na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo, a exposición ‘Antonio Casares, investigador e reitor da modernidade’, unha mostra que pretende amosar e descubrir a figura e o legado científico do considerado pai da Química moderna en Galicia e que poderá visitarse en Lugo ata o 15 de marzo no Pazo de San Marcos.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, e o profesor de Medicina da USC, Mario Bermejo, en calidade de integrante da comisión organizadora da mostra e como comisario da mesma, tamén participarán no acto de apertura da exposición, que chega a Lugo logo de permanecer xa exposta ao público desde finais do mes de outubro no compostelán Colexio de Fonseca.

The contents of this page were updated on 01.16.2013.