Skip to main content

Dereito aborda o futuro de Europa cunha mesa redonda na que Parlamento e Comisión serán obxecto de análise

Cartel da mesa redonda
Cartel da mesa redonda
A mesa redonda e posterior coloquio terán lugar este venres 20 de setembro ás 12.00 horas na sala de xuntas da Facultade
Santiago de Compostela

O Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) da USC impulsa este venres 20, ás 12.00 horas, a mesa redonda e coloquio ‘O Futuro de Europa: Parlamento e Comisión 2019-2024’ que terá lugar na sala de xuntas da Facultade de Dereito.

Isabel Lirola, profesora de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC, e Juan González Mellizo, analista político da Representación da Comisión Europea en España serán os encargados de disertar sobre esta cuestión. A entrada ao acto é libre ata completar aforo.

The contents of this page were updated on 12.20.2019.