Skip to main content

Unha tese de doutoramento desenvolvida na USC indaga na prensa gratuíta e os modelos de redacción

Unha tese de doutoramento desenvolvida na USC indaga na prensa gratuíta e os modelos de redacción
Unha tese de doutoramento desenvolvida na USC indaga na prensa gratuíta e os modelos de redacción
A investigación desenvolvida pola ferrolá Ana Bellón reflexa que as redaccións dos xornais pasaron da separación á integración tras un período de colaboración

A tese de doutoramento ’20 Minutos: tres produtos e un modelo de redacción’, que vén de defender na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago a xornalista ferrolá Ana Bellón Rodríguez, indaga nas orixes e na evolución da prensa gratuíta, ao tempo que reflexa os cambios experimentados nas redaccións xornalísticas, que pasaron da separación á integración tras un longo período de focalización e colaboración. Esta tese de doutoramento, dirixida polo catedrático de Xornalismo da USC, Xosé López García e que mereceu a cualificación de apto cum laude, aborda un estudo detallado do grupo 20 Minutos e os seus produtos: o diario gratuíto en papel, a súa versión en liña e a revista Calle 20. A investigadora tamén analiza no seu traballo os casos de Metro, ADN, Qué!, De Luns a Venres, Santiago Sete e Terras de Santiago. Bellón Fernández ofrece na súa tese doutoral unha visión panorámica e unha fotografía en movemento sobre a prensa gratuíta e os modelos de redacción, ao tempo que sintetiza as principais opinións que ha sobre os dous temas no ámbito profesional e académico e formula previsións da súa evolución.

A chegada de internet aos medios de comunicación, a aposta pola innovación, a crise do xornalismo e tamén a actual situación socioeconómica, xunto coas semellanzas e diferenzas entre a prensa de pagamento e as publicacións de balde son outras das cuestións abordadas pola investigadora ferrolá na súa tese de doutoramento.

The contents of this page were updated on 01.22.2013.