Skip to main content

A USC e Aquagest asinan un convenio para reforzar a súa colaboración no ámbito da xestión e tratamento de augas

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e o director territorial de Aquagest, Enrique Font Martínez, asinan este xoves 14 un convenio marco para a posta en marcha de iniciativas encamiñadas á promoción da xestión e tratamento de augas no ámbito docente e de investigación universitarias. Concretamente, as accións centraranse no Grao en Enxeñaría Química e nos Másteres universitarios en Enxeñaría Ambiental e en Enxeñaría Química e Bioprocesos, todos eles impartidos na USC. A sinatura do acordo terá lugar a partir das 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

The contents of this page were updated on 02.13.2013.