O luns preséntase o I concurso fotográfico da Facultade de Xeografía e Historia
‘A vida universitaria en Santiago’ é o tema proposto para a primeira edición do concurso de fotografía dixital da Facultade de Xeografía e Historia.
Os detalles do certame, co que os participantes poden gañar unha Tablet Kindle Fire, presentaranse o vindeiro luns 18 ás 13.15 horas na Sala de Profesores do centro.