Skip to main content

A Facultade de Xeografía e Historia convoca a primeira edición do seu concurso de fotografía dixital

A convocatoria presentouse nun acto que presidiu o vicerreitor Francisco Durán. Foto: Alfonso-Servimav
A convocatoria presentouse nun acto que presidiu o vicerreitor Francisco Durán. Foto: Alfonso-Servimav

‘ A vida universitaria en Santiago’ é o tema proposto para a primeira edición do concurso de fotografía dixital para alumnado da Facultade de Xeografía e Historia que este luns se presentou publicamente. Gañará a foto máis orixinal e de maior calidade artística realizada cunha cámara ou incluso cun teléfono móbil elixida a través dunha votación na que participará o alumnado do centro que se inscriba na páxina do concurso. O premio, unha Tablet Kindle Fire. Para participar deberase estar matriculado no curso 2012-2013 nalgunha das titulacións da Facultade e entregar nun CD un máximo de dúas fotografías orixinais en formato dixital (JPG cun mínimo de 1024 x 748 píxeles). O prazo para recibir as fotografías rematará o 14 de marzo, cando se abrirá o período de votacións que se pechará unha semana máis tarde. Para facilitar a elección, durante todo o proceso as fotos exporanse na pantalla da Comisión de Cultura (a carón da Biblioteca da Facultade). A comisión fará público o resultado do concurso o 4 de abril.

The contents of this page were updated on 02.18.2013.