Skip to main content

Un auditorio cheo para escoitar a Leggett

Un auditorio cheo para escoitar a Leggett
Un auditorio cheo para escoitar a Leggett

Unha vez máis o Auditorio compostelán de Novagalicia Banco encheuse para escoitar a conferencia maxistral dun premio Nobel chegado da man do programa ConCiencia que coordina o profesor Jorge Mira. Numeroso estudantado, pero tamén moito público interesado da cidade, congregouse na Rúa do Preguntoiro para escoitar por qué non pode o tempo ir cara atrás. Ou si, porque diso precisamente falou o Nobel de Física en 2003 Anthony James Leggett, que fixo dubidar ao auditorio acerca da existencia de espazos nos que o tempo podería comportarse de maneira diferente ao que coñecemos. O profesor Leggett, da Universidade de Illinois (Urbana-Champaign, EE.UU.), proporcionou o marco teórico para a comprensión do fenómeno da superfluidez no Helio-3, un dos dous sistemas superfluidos coñecidos ata o momento. A academia sueca concedeulle o Nobel polas súas "contribucións pioneiras á teoría dos supercondutores e superfluidos". Legget é o primeiro convidado da oitava edición do Programa Conciencia, a acción de divulgación científica de máis impacto de Galicia organizada pola USC e o Consorcio da cidade co financiamento da Fecyt.

The contents of this page were updated on 03.08.2013.