As NerdNites volven ao Café Casino
As NerdNites, encontros que xuntan ciencia con divertimento en espazos lúdicos urbanos, volven este xoves 14 ao Café Casino (Rúa do Vilar, 35). A cita, aberta a calquera persoa interesada e con grande éxito de público nas sesións anteriores, será ás 22.00 horas. Nesta ocasión intervirán o profesor Miguel Taín Guzmán, do Departamento de Historia da Arte, coa charla ‘Compostela vista por un príncipe da Toscana: 1669’; o profesor de Historia da Música Javier Garbayo Montabes con ‘Orgasmos wagnerianos’; e a fundadora da consultora de desenvolvemento de competencias emprendedoras ADNideas, María Bobillo Varela, que rematará a sesión falando da súa “ primeira vez”.