Skip to main content

Iniciación ao deseño web e á utilización de recursos dixitais, un curso en liña para xeógrafos

O grupo de investigación GIS-T Idega, xunto coa Asociación Cultural Espazo Crítico e a Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información, organizan o I Curso en liña de iniciación ao deseño web e á utilización de recursos dixitais para xeógrafos, a desenvolver entre o 12 de abril e o 24 de maio. A crecente importancia dos contidos en liña unida á transcendencia, cada vez maior, das estratexias de comunicación na rede, converten o programa deste curso nun importante atractivo para perfís profesionais vinculados ás ciencias humanas e sociais. Mediante o dominio dalgunhas das plataformas máis populares e polivalentes da rede (desde un sistema de xestión de contidos como Wordpress ata ferramentas como Google Analytics ou Google Maps, pasando polo proxecto gvSIG), o alumnado disporá dos coñecementos necesarios para crear bitácoras e páxinas web cos seus correspondentes recursos multimedia. Ademais, será quen de avaliar qué tipo de formatos e sistemas de organización redundan positivamente na transmisión dos seus contidos así como de desenvolver axeitadas estratexias de posicionamento web. A superación deste curso poderase validar polos créditos da materia de produción e xestión de recursos multimedia en webs do Máster Online en Sociedade da Información e o Coñecemento que GIS-T organiza anualmente n USC.

The contents of this page were updated on 03.20.2013.