Skip to main content

Conversa lírica no Paraninfo co catedrático Carlos Villanueva

As Conversas Líricas no Paraninfo, organizadas pola USC en colaboración con Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, continúan este mércores 20 coa participación do catedrático de Historia da Música Carlos Villanueva, que falará sobre ás 20.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), con entrada libre. Carlos Villanueva doutorouse na Universidade compostelá coa tese Los Villancicos gallegos de la catedral de Mondoñedo. Ao longo de todos estes anospublicou varios libros, como autor ou como editor: Los Villancicos Gallegos, El Pórtico de la Gloria Música Arte y Pensamiento, Los Villancicos en gallego de Melchor López, Polifonía Galega, Las lamentaciones de Semana Santa de José de Vaquedano, Polifonía Jacobea, El Códice Calixtino y la música de su tiempo, Los sonidos de la piedra, Tientos y Silencios, Bal y Gay (1905-1993), e os estudos críticos dos cancioneiros de Bal y Gay e Martínez Torner, entre outros. Formado musicalmente no Seminario de Lugo co mestre de capela José Castiñeira e co violinista Ramón Martínez, fundou en 1977 o Grupo de Cámara da Universidade de Santiago, do que é director e principal investigador e co que gravou xa catorce albumes. Deles, foron Premio Nacional de Discografía La Música en el Camino de Santiago (en 1982) e Trovadores y neotrovadores gallego portugueses (1986). Villanueva dirixiu tamén a Aula de Música da Universidade de Santiago entre 1984 e 1990 e foi asesor musical da Fundación Pedro Barrié de la Maza (1992-2004) baixo cuxo patrocinio puxo en marcha, xunto con López-Calo, o proxecto de construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria que culminou en 1991 coa presentación en concerto das 19 pezas reconstruídas por artesáns de diversos puntos de Europa e coa gravación do álbum Os Sons do Pórtico da Gloria. Premio da Crítica Galicia en1982 e 1986 , Villanueva foi ademais vicepresidente da Sociedade Española de Musicoloxía e formou parte durante anos do comité científico da Universidade Católica de Porto. Impartiu cursos e seminarios en diversas universidades de Europa e dos Estados Unidos.

The contents of this page were updated on 03.19.2013.