Skip to main content

O estudante de Dereito Juan Fuentes nomeado vicepresidente da asociación UAM-I-MUN da Universidade Autónoma de Madrid

Juan Fuentes participou recentemente nunha charla sobre a pena de morte na oficina del Parlamento Europeo
Juan Fuentes participou recentemente nunha charla sobre a pena de morte na oficina del Parlamento Europeo

O estudante da Facultade de Dereito da USC Juan Fuentes Fernández acaba de ser nomeado vicepresidente da asociación UAM-I-MUN da Universidade Autónoma de Madrid. Este é un colectivo que busca representar simulacros da Asemblea Xeral, do Consello de Seguridade da ONU e doutros órganos multilaterais de Nacións Unidas. Tamén ten como fin fomentar capacidades de liderado, comunicación e traballo en contornos multiculturais, favorecer un maior compromiso do estudantado coa comunidade internacional e axudar á divulgación na disciplina das relacións internacionais e a internacionalización. A través do programa SICUE, Juan Fuentes cursa o último ano de Dereito na Autónoma de Madrid onde na actualidade realiza o período de prácticas externas. Natural de Vigo, o novo vicepresidente de UAM-I-MUN explica que nos programas da asociación participan máis de 200.00 alumnos/as de institutos e universidades de renome como as universidades de Cambridge, Yale, Oxford ou Harvard, entre outros.

Ligazóns relacionados:

The contents of this page were updated on 03.22.2013.