Toma de posesión da profesora Carmen Fernández Morante como decana de Ciencias da Educación
O reitor Antonio López Díaz presidirá este venres 13 a toma de posesión da profesora Carmen Fernández Morante como decana de Ciencias de Educación, cargo para ao que foi relixida o pasado mes de outubro. A sesión protocolaria celebraras a partir das 13.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación en Campus Vida.
Carmen Fernández
Especialista en tecnoloxía educativa, a traxectoria profesional de Carmen Fernández Morante está vinculada ás Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) aplicadas á formación, tema sobre o que ten impartido docencia universitaria e cursos formativos e de innovación docente para profesorado de todos os niveis educativos así como para profesionais da educación.
Carmen Fernández Morante foi vicerreitora de Titulacións e Persoal Docente e Investigador e xefa da sección de Tecnoloxía Educativa do Instituto de Ciencias da Educación. É ademais membro da Asociación Internacional para o desenvolvemento da Tecnoloxía Educativa e das Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación (Edutec) e do Observatorio Galego de e-learning. Dende o pasado ano preside elixida a Conferencia nacional de decanas e decanos de Ciencias da Educación.
Forma parte do grupo de investigación en Tecnoloxía Educativa da USC e ten participado en numerosas publicacións e proxectos de investigación autonómicos e nacionais en colaboración con outros grupos. Como investigadora principal traballa en diversos proxectos europeos competitivos (e-Hospital, IEPTL, ICTeachers, ICTGoGirls, Rural School Cloud ou Create your future).